A ABE pon en marcha unha nova campaña de promoción comercial con motivo do día do pal denominada DE TAL PAO TAL ACHA.
Os parecidos razoables son a base da campaña do día do pai da ABE que dende o 13 ao 19 de marzo estará en marcha e que busca saber cales son maiores coincidencias entre os pais e fillos dos clientes dos negocios asociados a ABE.
A cor de ollos, os pes planos, saber contar ben un chiste, odiar o pulpo, ter mal ou bo xenio e mesmo ser un cocinillas, calquera é valida para participar no concurso.
Para participar soamente hai que entrar no facebook ou instagram da ABE e buscar o post do concurso onde debes comentar a publicación.
Entre todos os participantes sortearemos un vale de 100 € para utilizar en calquera dos 101 establecementos participantes na campaña (comercio, hostalería e servizos)
Bases da campaña